sexta-feira, 4 de maio de 2012

Hai que rebotalos!

Pero non só ao PP e ao PSOE, tamén aos do Bloque, aos do Encontro Irmandiño, a Máis Galiza e toda canta tropa apareza por aí. Buscan unicamente o seu medre persoal. Aparentemente falan moi ben, din cousas que valen tanto para un roto coma para un descosido. E finalmente, cando acadan o último élo do poder, fan o que veñen facendo dende o século I: aproveitarse dos demais, vivir coma marqueses con dereito de pernada no século XXI.

Polo tanto, adeus. Collan vostedes os seus bártulos e marchen. Non queremos aproveitados.